Thursday 18 de April de 2024

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no concello coruñés de Porto do Son


No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 51 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes ambientais, esclareceron un incendio rexistrado no concello coruñés de Porto do Son.
Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con persoal do Distrito IV, procederon a tomar declaración a dous varóns, investigados como presuntos autores dun incendio forestal ocorrido o pasado 10 de outubro na parroquia de Baroña, do concello de Porto de Son.
O feitos producíronse por unha neglixencia ao facer unha fogueira para a elaboración de alimentos. Na extinción do lume participaron un axente ambiental, unha brigada municipal do concello e unha motobomba. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Noia.
No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 51 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.